quarta-feira, 30 de janeiro de 2013


INICIO DO PROCEDIMENTO PENAL PARA DEFENDER AOS ANCIÁNS DE ORBAZAI E AO SEU NETO


O 29/01/2013 quedou presentada no Xulgado de garda denuncia verbal documentada, por comparecencia ante a xuíza de José Manuel acompañado da tía e madriña María José e do membro de SDL Pancho Torrente, da presunta falsidade do suposto contrato inicial de arrendamento da que se fai derivar toda a suposta débeda utilizada para intentar expulsar da súa vivenda aos anciáns de Orbazai.

Coa admisión desta denuncia pola xuíza de garda, que acreditou na verosimilitude da mesma, inícianse dilixencias previas en vía penal para a comprobación dos delitos e a depuración das responsabilidades que procedan, de forma que o neto e os anciáns de Orbazai deixan de ser tratados polo xulgado como supostos debedores obrigados a entregar a súa vivenda nun caso e o seu patrimonio noutro, e pasan a ser contemplados como presuntas vítimas de delitos ás que compre defender e resarcir dos danos e prexuízos inxustamente causados.

 SI SE PODE.

stopdesafiuzamentoslugo@gmail.com
668 893 615

Sem comentários:

Enviar um comentário