quarta-feira, 16 de janeiro de 2013

STOP DESAFIUZAMENTOS LUGO DENUNCIA GRAVES IRREGULARIDADES NO PROCESO DE DESAFIUZAMENTO EN ORBAZAI E RECLAMA A SUA PARALIZACIÓN INMEDIATA


O próximo venres 18 de xaneiro ás 11:30h terá lugar na sala Sargadelos unha rolda de prensa conxunta da familia de Xosé e Isolina con STOP Desafiuzamentos Lugo para explicar os motivos desta denuncia pública.


Estamos ante un caso dramático, especialmente cruel polas circunstancias das vítimas, no que existen indicios suficientes de utilización de falsidades periciais varias como a cualificación de antigas abandonadas e sen valor das edificacións, entre as que se encontra a vivenda habitada polos dous anciáns desde fai décadas. Todo isto apunta á existencia de presuntos ilícitos penais que provocan o embargo e intento fraudulento de desafiuzamento, cun lucro totalmente desproporcionado para o embargante, que multiplica por mais de corenta ou cincuenta veces a débeda inicial reclamado fai tres anos -1.850 euros- ata superar desposesións e danos por valores moi superiores aos cen mil euros. 

Por estes motivos reclamamos:

1.- Ao Xulgado de 1ª Instancia nº 4 de Lugo que actúe coa máxima celeridade e poña fin inmediatamente á cruel e intolerable angustia desta familia, suspendendo inmediatamente un procedemento de desafiuzamento que nunca debeu ser iniciado e dando traslado do procedemento á Fiscalía para a investigación e depuración das responsabilidades penais que procedan

2.- Á Fiscalía de Lugo que abra inmediatamente dilixencias para a investigación das circunstancias presuntamente criminosas (entendemos que falsidade documental e estafa procesal) e depuración de responsabilidades

Por último, resaltar a preocupante realidade de que a aplicación nos xulgados da lexislación hoxe vixente permita fraudes e atrocidades como esta, que puido ter acabado fatalmente coa vida dos dous anciáns de non ser polo inmediato apoio familiar e a rápida reacción de denuncia pública iniciada pola filla do matrimonio afectado María José.  

Folla do PXOM onde especifica as características do núcleo rural da Malladoira, en clara contradición co documento pericial.

Sem comentários:

Enviar um comentário