sexta-feira, 25 de janeiro de 2013

STOP DESAFIUZAMENTOS SOLIDARÍZASE CON XOSÉ LUÍS E PIDE A PARALIZACIÓN DO DERRIBO DA SÚA CASA EN BECERREÁ

Ante a nosa imposibilidade de acudirmos estes días a Becerreá como colectivo, STOP DESAFIUZAMENTOS LUGO quere mostrar o seu apoio a Xosé Luís e familia así como aos numerosos veciños que se mobilizaron para impedir que derruben a casa onde investiron todos os seus aforros.
 
Non comprendemos como a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística –dependente da Xunta de Galicia- empéñase en derrubar unha casa unifamiliar, que segundo declaracións do propio alcalde Manuel Martínez á Agencia EFE "non era unha derriba urxente nin necesaria neste momento, porque a casa non ten un gran impacto urbanístico"e ademais segundo este mesmo alcalde “O Concello iniciou os trámites para que o Plan Xeral o declárase como núcleo rural, o que podería dar cobertura legal a esta casa e a outras que tamén foron construídas no seu día de forma irregular, pero sobre as que non pesa orde de derriba". Alén diso, achamos que Xosé Luís xa fixo fronte a unha sanción económica por motivo da ilegalidade da súa vivenda e vemos excesivo o castigo que a APLU quere infrinxirlle agora. 

Con todo o apoio dun pobo e de todos os grupos políticos non entendemos como a Xunta é tan implacable neste caso concreto cando demostra unha clara permisividade e mesmo complicidade en outros casos moito mais sangrantes. Pomos como exemplo o acontecido no concello lucense de Barreiros, onde a burbulla inmobiliaria e a construción salvaxe encontrou o seu paraíso particular na provincia [1]. Pois ben, neste caso a Xunta apostou pola legalización da desfeita mediante un Plano Sectorial a cargo do erario público -máis de 14 millóns de euros- para violar a Lei do Solo e blanquear as presuntas infraccións urbanísticas de alcalde e promotores amigos.
 
Facemos un chamamento para que paren o derrubamento e a represión por parte das forzas de seguridade.
 
Vivenda sobre a que pesa orde de derribo. Fonte: La Voz de Galicia

Sem comentários:

Enviar um comentário