terça-feira, 12 de fevereiro de 2013

UNHA TREGUA PARA MANUEL

Houbo un primeiro acordo entre Manuel e o banco no que ten hipotecado o seu piso. A entidade financeira condónalle a metade da débeda que ten contraída, que ascendía a 1.558 euros, aprázalle dous meses o pago das cotas e rebáixalle a 190 euros a cota mensual a abonar durante un ano. Neste caso, o afectado chegou a pagar uns 25.500 euros en xuros (só 2.800 de amortización de capital) debido á imposición duns intereses abusivos, estabelecidos de xeito unilateral polo banco sen coñecemento da carga que representaban.

En STOP Desfiuzamentos Lugo, que estamos a acompañar a Manuel neste proceso de negociación, alegrámonos por este pequeno respiro e avisamos que segundo sexa a situación nos próximos meses, estudaremos a posibilidade de retomar as negociacións para garantir o dereito á vivenda desta familia.

ADMITIDA A TRÂMITE A ILP DA PAH

 Hoje, terça-feira 12 de fevereiro, o Grupo Popular decidiu dar marcha atrás e permitiu que a Iniciativa Legislativa Popular promovida pela PAH junto a outras organizações sobre a dação em pagamento, moratória dos despejos e aluguer social fosse finalmente admitida a trâmite no Congresso dos Deputados. Desde STOP Desafiuzamentos Lugo queremos mostrar a nossa satisfação por ver como esta proposta, na qual colaboramos recolhendo mais de 200 assinaturas em quase dois meses, supera a sua primeira barreira administrativa quando há uns dias tudo parecia impossível. Contudo, não pecaremos de ingénuos e ficaremos bem atentos ao processo de discussão desta Proposição de Lei, continuando com as mobilizações como a do #16F às 18:00h na Praça Maior.

Sem dúvida, o nervosismo no partido de governo e outros representantes do povo (sic) começa a ser mais que evidente. Como gritaram as companheiras da PAH no Pleno do Congresso: Si se puede!


 A propósito, as pessoas promotoras da ILP, entre as que se encontrava Ada Colau, foram expulsadas do Congresso (mesmo um detido), depois de sofrer um tratamento bem desigual ao dado aos promotores de essa outra ILP que hoje se examinou sobre uso de fundos públicos para organizar espetáculos taurinos. 

sábado, 9 de fevereiro de 2013

STOP DESAFIUZAMENTOS LUGO SÚMASE Á VAGA DE PROTESTAS CONVOCADAS EN TODO O PAÍS PARA O 16 DE FEBREIRO




O colectivo STOP Desafiuzamentos Lugo (SDL) realizará unha concentración ás 18:00h na Praza Maior de Lugo para defender o dereito á vivenda.

SDL chama aos lucenses á mobilizárense novamente contra a lei hipotecaria e a súa máis dramática consecuencia, os desafiuzamentos. Neste caso, o acto enmárcase nunha convocatoria conxunta dos colectivos de STOP Desafiuzamentos e PAHs que vai ter lugar en cidades de toda España baixo o lema “Polo dereito á vivenda. Contra o xenocidio financeiro, sinalamos aos responsábeis e exiximos dación en pagamento retroactiva, aluguer social e stop desafiuzamentos xa!”

Fronte os abusos das entidades financeiras e a complicidade do goberno, que lles da cobertura con unha lei inxusta que fai caer a responsabilidade sobre a parte máis vulnerábel, ao mesmo tempo que ese mesmo goberno destina miles de millóns de euros en axudas públicas á banca sen ningún tipo de compensación, a cidadanía mobilizada temos defendido o dereito á vivenda e proposto solucións para acabar con esta estafa.
Os diferentes colectivos implicados en esta loita temos axudado nestes anos a centos de familias sen que fose recibido recurso público algún e sufrindo o mais absoluto desprezo por parte das principais institucións do Estado. Por medio dunha ILP que foi avalada por mais dun millón de sinaturas, puxemos enriba da mesa as medidas de mínimos que debían ser aplicadas para solucionar o problema. Con esta Iniciativa, que inclúe a dación en pagamento retroactiva, o aluguer social e unha paralización inmediata dos desafiuzamentos en caso de vivenda habitual, esgotamos todos os mecanismos que nos ofrece o sistema para mudar a lei. Por iso advertimos que se for interrompida a súa tramitación, nun novo episodio de comportamento antidemocrático e servilismo fronte ao poder financeiro por parte dos representantes do pobo, verémonos completamente lexitimados a aumentar a presión social nas rúas. Por este motivo, queremos que o vindeiro 16F a cidadanía consciente encha as rúas de todas as vilas e cidades do país.
Porque non ten sentido que os bancos acumulen miles de predios baleiros mentres miles de familias fican na rúa, reclamamos dación en pagamento con carácter retroactivo, moratoria dos desafiuzamentos en vivenda habitual e aluguer social!

Porque o dereito á vivenda non se negocia, deféndense!